Atención a usuarios/as
Para o uso racional de tódolos servicios seguiranse unha serie de normas que deben deben ser coñecidas polos usuarios/as. Estas normas encóntranse aquí.
Para informar sobre calquera avaría da rede informática ou telefónica, hai que poñerse en contacto co SAUM.
Instalación de hardware (impresoras, escáners, etc.)
En Xeral o hardware debe ser instalado pola empresa á cal se lle compra. Tamén pode solicitarse a axuda dos Servicios Informáticos poñéndose en contacto co SAUM (Servicio de Atención a Usuarios/as).
[arriba]
REDE DE DATOS
Instalación de tomas de rede
Tódolos centros da Universidade dispoñen de cableado para o acceso á rede de datos e telefónica. Se nalgún lugar non se dispón de tomas de rede, estas só se poden instalar por persoal especializado. Para iso hai que poñerse en contacto cos Servicios Informáticos, os cales farán unha valoración das necesidades e enviaránllelas ás empresas certificadas para que fagan un orzamento. Se este orzamento é aceptado polo centro, departamento ou servicio, procederase á instalación.
Conexión de ordenadores á rede de datos
Para conectar un ordenador á rede de datos é necesario un número IP, asignado polos Servicios Informáticos, e unha tarxeta de rede. Para para solicita-lo IP hai que encher-lo formulario dispoñible aquí, e envia-lo formulario por correo interno. A tarxeta de rede pode mercarse co ordenador, ou ben en calquer tenda de informática (recomendamos a marca 3Com para a tarxeta). Pode consultar un pequeno listado de tendas de informática aquí.
Conexión de varios ordenadores a unha roseta
Neste caso é necesario un dispositivo denominado minihub, co cal se pode dar servicio ata 7 PCs. Estes equipos poden mercarse en calquer tenda de informática (recomendamos a marca 3Com para o minihub). Pode consultar un pequeno listado de tendas de informática aquí. Unha vez mercado, podes instalalo ti mesmo ou ben avisar ós Servicios Informáticos.
Asignación de nomes a ordenadores
Se queremos que un ordenador teña un nome en Internet, dentro do dominio uvigo.es, temos que enche-lo formulario correspondente aquí e envialo por correo interno.
Acceso dende o domicilio
A universidade dispón de contas de acceso por módem para que os investigadores/as e o persoal poidan acceder a Internet dende a casa. Para iso hai que enche-lo formulario dispoñible aquí e envialo por correo interno. As instruccións para configura-lo acceso dende casa pódense ver aquí.
[arriba]
REDE TELEFÓNICA
Telefonía
Os usuarios/as poden solicitar altas, baixas e modificacións no servicio telefónico enchendo os formularios dispoñibles aquí.
[arriba]
SOFTWARE
Software
Nos Servicios Informáticos só distribuímos software legal ou de libre distribución. É moi importante que toda a comunidade se conciencie da necesidade de utilizar legalizado o software. Toda a información e os formularios se encontran aquí.
Antivirus
A Universidade de Vigo dispón dun antivirus de campus gratuíto que todo usuario/a debe instalar no seu equipo. A información encóntrase aquí. Tamén poden pantexarse dúbidas en antivirus@uvigo.es.
Instalación de software
O software debe ser instalado pola empresa provedora ou polo responsable do PC. Tamén pode solicitarse a axuda dos Servicios Informáticos poñéndose en contacto co SAUM (Servicio de Atención a Usuarios/as).
[arriba]
CORREO ELECTRÓNICO
Contas de correo electrónico
Os investigadores/as e o persoal da Universidade de Vigo poden solicitar un enderezo de correo electrónico enchendo o formulario correspondente aquí e enviándoo por correo interno. As persoas que xa dispoñen dunha conta de correo pero estea caducada poden renovala aquí.
Lectura de correo
Mayo 19, 2003
Para poder ler e enviar correo dende calquera lugar do mundo, temos un servicio de correo mediante web, dispoñible en http://correoweb.uvigo.es/.
Servidor de Alumnos/as
O alumnado dispon dun servidor de correo para enviar e recibir correo, dispoñible en http://www.alumnos.uvigo.es/.
Listas de correo
Toda a información das listas de correo se encontra aquí.
[arriba]
WEB
A Universidade dispón de servidores web onde aloxa-las páxinas
web de centros, servicios, departamentos e grupos de investigación. Este
servicio debe solicitarse como opción dunha conta de usuario. Pode solicitar
unha conta de usuario aquí. Cando teña a súa conta de usuario
pode activalo servicio web aquí.
Para calquera consulta debe dirixirse ó webmaster.
[arriba]
AULAS INFORMÁTICAS
Aulas Informáticas
As aulas informáticas están xestionadas por bolseiros/as dependentes do centro correspondente, e a eles hai que dirixirse para calquera información.
Aulas Internet
As aulas Internet de Peritos, Biblioteca Central (webcam) e Ciencias Sociais están xestionadas por bolseiros/as dependentes dos Servicios Informáticos. Para calquera información deben poñerse en contacto co SAUM.
[arriba]
AUDIOVISUAIS
Diapositivas, pósters, impresión de documentos
Estas tarefas realízaas o Técnico/a Especialista en Informática da quenda da tarde, dispoñible no teléfono 12668 ou no edificio da Biblioteca Central. Os traballos poden enviarse a graficos@uvigo.es.
Videoconferencia
Existe unha sala de videoconferencia en cada un dos campus da Universidade, para a realización de reunións, clases, etc. Ademais, o campus de Vigo dispón dun sistema integrado móbil, que permite realizar videoconferencias por RDSI e pola rede de datos. Máis información aquí ou por correo electrónico videoconf@uvigo.es.